Os/as monitores/as

Son a ferramenta executora da nosa metodoloxía, de facer efectivos os nosos obxectivos educativos e de desenvolver as actividades segundo os nosos principios educativos.

Son os transmisores dos valores que están presentes de xeito transversal en todas e cada unha das nosas actividades.

Contamos cun equipo de profesionais do tempo libre con elevada formación no campo da pedagoxía e con especialistas con ampla experiencia nas actividade que ofertamos (astronomía, orientación, interpretación da natureza...).

 

 

A nosa metodoloxía!

Os nosos principios metodolóxicos son os que dotan de sentido á actividade educativa. A nosa proposta xira en torno aos seguintes, sempre susceptibles de cambios en función das necesidades particulares de cada equipo.

  • Actividade. O/a neno/a como protagonista. A nosa labor partirá sempre do que el/ela sabe, sente, vive, necesita, coñece, expresa e/ou demanda. Tendo en conta as súas actitudes e o mundo que o/a rodea.
  • Flexibilidade. Actividades adaptadas e presentadas de xeito coherente e asequible ás súas características e capacidades.
  • Globalidade. Atención integral e global da/do nena/o. Tendo en conta todas as dimensións dunha persoa: intelectual, física, afectiva e social.
  • Finalidade. Actividades que sirvan para a consecución dunha fin e non sexan unha fin en si mesmas. Crecemento personal, autonomía, capacidade crítica...
  • Comunicación. Establecer ambiente agradable e positivo que favoreza a comunicación como eixo básico da convivencia.
  • Individualidade. Atención do grupo dende as súas individualidades. As relacións de grupo nunca deben obstaculizar as individuales.
  • Principio de non discriminación, favorecendo e potenciando situacións que permitan un contido igualitario.
  • Participativa. Os/as participantes non son meros receptores. É importante fomentar dinámicas que propicien a participación en todos os procesos e decisións.

A experiencia de Altega na organización de campamentos

Máis de 12 anos avalan a nosa traxectoria no sector do lecer e da educación non reglada e converten a Altega en empresa que ofrece servizos educativos de calidade a múltiples entidades de xeito profesional.

No apartado de campamentos de verán, os fitos máis significativos son:

  • Campamento de Verán de 2011: organización dos campamentos e xestión da instalación  Penedos de Xacinto (Entrimo, Ourense), Benigno Quiroga (Portomarín, Lugo),  ADevesa( Ribadeo, lugo ), Pontemaril (Forcarei, Pontevedra ) durante a Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude (concurso público).
  • Campamento de Verán de 2010: organización dos campamentos e xestión da instalación "Penedos de Xacinto" (Entrimo, Ourense), durante a Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude (concurso público).
  • Campamento de Verán de 2009: organización dos campamentos e xestión da instalación "Penedos de Xacinto" (Entrimo, Ourense), durante a Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude (concurso público).
  • Campamento de Verán de 2008: organización dos campamentos e xestión da instalación "Furelos" (Melide, A Coruña), durante a Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude (concurso público).
  • Campamento de Verán de 2006: organización dos campamentos "Castrexos e romanos" e "Aventura solidaria" no albergue Os Biocos da Vía Nova (San Xoán de Río, Ourense), durante a Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude (concurso público).
  • Campamento de Verán de 2005: organización dos campamentos "Castrexos e romanos" e "Aventura solidaria" no albergue Os Biocos da Vía Nova (San Xoán de Río, Ourense), durante a Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude (concurso público).
  • Desde o verán de 2005: campamentos para nenos/as do Club Santo Domingo (Ourense).
  • Desde o ano 2000: campamentos de verán en diversas instalacións galegas para varios concellos, con temáticas diversas.

Datos Legais

Altega – Educación e Lecer é unha sociedade limitada, inscrita no Rexistro Mercantil de Ourense cos seguintes datos:
Denominación Social: Altega S. L.
Datos de inscrición: Tomo 546, libro 0, folio 190, sección 8, folla OUR-7201, inscrición 2ª
C.I.F.: B-32.267.106
Enderezo Fiscal: Rúa Murillo, 20 – baixo – 32002 – Ourense
Teléfono de contacto: (+00 34) 988 391 389