SpaceCamp: en que consiste?
O SpaceCamp é un proxecto de divulgación científica con formato de campamento de verán, onde a ciencia en xeral e a astronomía en particular teñen un especial protagonismo. Os participantes aprenderán, divertiranse, descubrirán, interactuarán e verán con outros ollos o seu contorno e, sobre todo, o ceo. Dende un punto de vista údico e didáctico ao mesmo tempo, xogos, obradoiros e actividades interactivas estarán monitoradas por profesionais no campo da pedagoxía e especialistas con ampla experiencia en astronomía, orientación, interpretación da natureza.
Todo esto a través de xogos, obradoiros, actividades interactivas monitoradas por profesionais no campo da pedagoxía e con especialistas con ampla experiencia nas actividade que ofertamos (astronomía, orientación, interpretación da natureza...).
![]() |
![]() |
![]() |
Descrición
SpaceCamp: campamento temático centrado na astronomía e na ciencia. As persoas asistentes contarán coa posibilidade de descubrir actividades moi novedosas e de realizar observacións astronómicas cun material ao alcance de pouca xente. Entre outras:
- Observacións nocturnas, con aprendizaxe de manexo de telescopios de aficionado.
- Observacións diurnas, con telescopios solares en H- alfa.
- Seguemento en visual e vídeo de satélites artificiais. Análise de fotografía meteorolóxica.
- Interpretación de imaxes planetarias. Elaboración de maquetas topográficas da Lúa e Marte.
- Maquetas de naves espaciais.
- Iniciación á astrofotografía.
- Construción de reloxos de Sol.
- Cohetes de auga e cohetes de astromodelismo.
- Recepción de datos de satélites.
- Construción de radiotelescopio caseiro.
- Manexo dun planetario dixital.
- Introdución á astrobioloxía.
- Elaboración de documentos con formato de artigo científico.
- Mantemento de blogue da actividade.
- Cine espacial e simuladores para os días de mal tempo.
![]() |
![]() |
Como en todos os nosos campamentos, os aspectos educativos e convivenciais tamén serán relevantes. A nosa empresa aposta pola educación en valores nos campamentos.
- Bicicleta de montaña.
- Xeocaching ou busca de tesouros con GPS.
- Tiro con arco.
- Sendeirismo, visitas pola zona, piscina...
![]() |
![]() |
Datos técnicos
Lugar: Albergue dos Biocos de San Xoán de Río (Ourense).
Datas: mes de Xullo e Agosto.
Idades: de 9 a 17 anos, con actividades por idades.
Duración: 13 días (12 noites).
Instalacións do Albergue Os Biocos
- Habitacións con liteiras múltiples de distinta capacidade (de 6 ata 20).
- Salas para actividades e xogos (Casa dos Amigos).
- Laboratorio científico (Casa da Ciencia)
- Observatorio astronómico (Casa das Estrelas)
- Aula da natureza.
Quendas
- Quenda da Lúa: Primera quincena de xulio.
- Quenda de Saturno: Segunda quincena de xulio.
- Quenda da Vía Láctea: Primera quincena de agosto.
- Quenda das Perseidas: Segunda quincena de agosto.







