Campaña Escolar 2011/12
[Excursión escolar ao Albergue Os Biocos]
Para ciclo de primaria, secundaria e bacharelato.
- Aloxamento con pensión completa (90 prazas)
- Conexión wifi gratuíta
- Laboratoriodeciencias
- Programadeactividades personalizado (xeocaching, orientación, roteiros, BTT, xogos tradicionais, teatro sombras, xogosderol, astronomía)
- Espazosdereunión, xogos, audiovisuais, pinpon.
- As/os monitoras/es poden subir co grupo dende Ourense e aproveitar a viaxe para realizar visitas didácticas a:
[MosteirodeMontederramo] [CastelodeCastro Caldelas] [Ponte do Bibei da Vía Nova].
· Prezos económicos por nena/o.
Por qué ORGANIZAR a excursión de fin de curso no Albergue dos Biocos?
Porque para as persoas que traballamos nos Biocos, cada grupo de escolares é un proxecto singular con formato de campamento educativo; con actividades enmarcadas sempre no respecto ás persoas e ao contorno, sen esquecer a parte lúdico-didáctica da excursión. Altega – Educación e Lecer organiza profesionalmente campamentos dende fai 10 anos. Durante o verán de 2011, xestionamos 4 albergues xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude (Xunta de Galicia).
Cales son os OBXECTIVOS das nosas actividades?
- Fomentar valores, actitudes e hábitos positivos cara ao medio ambiente.
- Achegar o entorno da montaña galega ás persoas participantes nas actividades: nenas/os de entornos urbanos, do litoral galego, de vilas costeiras, do interior.
- Potenciar aspectos educativos e convivenciais para que a experiencia resultante da convivencia sexa beneficiosa para o grupo.
ACTIVIDADES PRINCIPAIS
O programa está aberto ás indicacións do centro. Normalmente inclúe:
- Obradoiros científicos: achegamento lúdico á Ciencia con materiais caseiros.
- Sendeirismo: rutas de interpretación do patrimonio natural e cultural da zona.
- Tiro con Arco: dentro do recinto de 5 ha que ten a instalación.
- Xeocaching: busca do tesouro mediante técnicas de orientación clásica e moderna, coa axuda do GPS.
- Observacións astronómicas: a simple vista e con telescopio.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
- Obradoiros de expresión plástica, teatro de sombras e xogos de rol.
- Veladas todas as noites.
- Elaboración de enredos (xoguetes feitos á man) e xogos tradicionais.
- Bicicleta de montaña: rutas.
LUGAR DE REALIZACIÓN
No Albergue dos Biocos, a 1.005 metros de altitude, no concello de San Xoán de Río, nas Terras de Trives, perto dunha chea de recursos naturais e de testemuñas arqueolóxicas. O albergue é, en sí, un mirador natural. [+ info www.osbiocos.com]
CONDICIÓNS XERAIS E DE RESERVA
- Aloxamento con Pensión Completa (90 prazas).
- Programa de actividades personalizado.
- Conexión wi-fi gratuíta.
- Cociñas dos apartamentos dispoñibles para os acompañantes.
- Espazos de reunións, xogos, audiovisuais, pinpón.
- O transporte corre a cargo do centro educativo.
- Cada participante deberá levar saco de durmir e toalla.
- Reserva da data da excursión: pago de 100 € como compromiso.
- Un mes antes da excursión, ingreso do 20% do total por adiantado.
- Condicións válidas ata o 10 de novembro de 2011.
* Consulte as súas dúbidas no 988 391 389 – 988 346 204.
