Menú principal
Campamento Space Camp
Campamento 100 x 100 Galego
Recursos
Prepara a túa mochila!
Os seguintes consellos baséanse na nosa experiencia como participantes en campamentos.
- Ás nais e aos pais:
É convinte que faga a maleta o neno/a nena.
- Aos/ás partipantes das actividades:
Cando decidas que roupa levar, escolle a máis cómoda e márcaa con nome e apelidos.
É importante levar calzado illante e roupa de abrigo (chaqueta impermeable, pantalóns longos e botas de montaña).
A continuación, unha proposta de equipaxe:
- Chuvasqueiro
- Gorra/sombreiro de palla para protexerse do sol (imprescindível).
- Utensilios de aseo (cepillo de dentes, pasta, xel)
- Roupa interior e pixama.
- Camisetas de manga curta/tirantes, pantalóns curtos, longos, chándal.
- Toalla para a piscina e toalla para a ducha.
- Esteira (illante)
- Crema protectora, repelente contra mosquitos.
- Chanclas, bañadores e gorro para a piscina.
- Lanterna.
- Cantimplora.
- Calzado cómodo e resistente para as marchas, calzado de reposto.
- Unha mochila pequena para as excursións.
- Bolsa para a roupa sucia.
NON leves móbil, cámaras de fotos, reprodutores música e/ou obxectos de valor. Non son necesarios e a súa perda ou dano pode prexudicar o bo desenvolvemento da actividade.
Por razóns de seguridade non se admiten obxectos cortantes ou punzantes.
- TARXETA SANITARIA ORIXINAL
- Teléfono: A organización pon a disposición dos pais e nais un teléfono de contacto para que poidan falar co/coa monitor/a encargado/a, o/a coordinador/a ou directamente coas/cos súas/seus fillas/os no campamento.
- Diñeiro: Haberá un banco no que os/as nenos/as poderán entregar a cantidade que desexen e o/a monitor/a encargado/a irá administrando o diñeiro.