Fin de semana astronómica polas Terras de Trives

[Unha Ollada ao Ceo]

Dentro do programa "Unha Ollada ao Ceo" da Concellaría de Xuventude de Ourense terá lugar, a fin de semana do 18/19 de setembro, un Campamento Astronómico no albergue dos Biocos.

Está dirixido a mozas e mozos de 18 a 35 anos interesadas nas observacións astronómicas, xeocaching e rutas de sendeirismo.

Ler máis...

Observación das Perseidas ('Bágoas de San Lourenzo')

100 estrelas fugaces por hora na montaña ourensana, a 1000 metros de altitude no Albergue dos Biocos

Neste ano 2010 as condicións de visión das estrelas fugaces son moi favorables por cadrar coa Lúa Nova, e polo tanto, termos un ceo máis escuro.

A denominación estrela fugaz é popular pero moi alonxada da realidade. Cando miramos ao ceo e vemos un fogonazo, non é unha estrela que cae do ceo. Esas luces que vemos arder no firmamento indican que todo funciona perfectamente, é o resultado da atmosfera impedindo que diversos obxectos que pululan polo espazo caian á superficie terrestre.

Ler máis...

Campaña Escolar 2011/12

[Excursión escolar ao Albergue Os Biocos]

Para ciclo de primaria, secundaria e bacharelato.

  • Aloxamento con pensión completa (90 prazas)
  • Conexión wifi gratuíta
  • Laboratoriodeciencias
  • Programadeactividades personalizado (xeocaching, orientación, roteiros, BTT, xogos tradicionais, teatro sombras, xogosderol, astronomía)
  • Espazosdereunión, xogos, audiovisuais, pinpon.
  • As/os monitoras/es poden subir co grupo dende Ourense e aproveitar a viaxe para realizar visitas didácticas a:

    Ler máis...

Que Vivan as Arbores!

No albergue Os Biocos temos novos inquilinos.

A iniciativa “Que vivan as Árbores!” levada a cabo en colaboración cos viveiros de Galicia (Viveiros Adoa, Viveiro Braña, Viveiro Jesús, Viveiro Roca) permitiunos salvar a moitas arbores utilizadas para decorar as casas na época de Nadal.

Ata hai uns días, a cor verde e o inimitable arrecendo das árbores vivas tiveron un lugar privilexiado nos fogares. Pero, despois das festas, pouca xente se preocupa pola sorte destas plantas que, na gran maioría, acaban as súas vidas nun vertedoiro.

Ler máis...

O albergue dos Biocos aberto por neve!

Oferta Neve

Sempre e cando caia unha boa nevarada, o albergue dos Biocos estará aberto para todas aquelas persoas que queiran practicar os deportes de inverno ou simplemente coñecer Os Biocos cunha tonalidade brancadistinta ás verdes, violetas, amarelas e marróns doutras épocas do ano.

Para solicitar máis información, podedes chamar ao 988 346 204 ou enviar un correo electrónico a This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. .