Bicicleta todo terreno (BTT)

Rutas BTT (Bicicleta Todo Terreo)

A actividade farase nos arredores das instalacións. Deste xeito, as persoas que participen nesta actividade coñecerán a zona e aprenderán a valorar máis e mellor as súas peculiaridades.

Ler máis...

O Castiñeiro de Pumbariños


O Castiñeiro de Pumbariños está no Souto de Rozabales, na parroquia de San Martiño de Manzaneda.

É a árbore de maior circunferencia de Galicia (13'85 metros) e posiblemente con máis de 1.000 anos de antigüidade.

Foi declarado Monumento Natural pola Xunta de Galiza no ano 1995, ampliándose a declaración a todo o Souto de Rozavales no ano 2000.

Ver cortometraxe documental Corpos Arbóreos.
Sinopsis: Corpos arbóreos é un percorrido por nove árbores singulares de Galicia, entre elas o Castiñeiro de Pumbariños (no minuto 02'25'' - 05'00'').
Estas árbores foron testigos da nosa historia e das nosas tradicións e seguen a estar xunto a nós para formar parte da nosa vida.

Ler máis...

Vía romana ao seu paso polas terras de San Xoán de Río e Trives


. Os miliarios eran sinais de medida da Vía Romana. Aquí poderás ver catro miliarios, algún deles con inscricións perfectamente lexibles. Un deles está dedicado ao emperador Flavio Claudio Juliano, un dos máis grandes.

. Saímos de Castro Caldelas pola OU-536 dirección Pobra de Trives, a estrada segue practicamente pola Vía Nova no seu trazado orixinal. Desviándonos cara a esquerda, dirección San Xoán de Río, na área de descanso podemos ver 4 miliarios.

Ler máis...

Ponte Cabalar

Acceso

Dende a Pobra de Trives tomaremos a estrada dirección A Rúa (C-236) para recorrer 2,2 Km. Antes de desviarnos cara Manzaneda, deixaremos o coche, para baixar a pe uns 30 metros á esquerda e así chegar ata o río e descubrir a ponte.

Ler máis...