Por que organizar a excursión no Albergue dos Biocos?
* Porque Altega-Educación e Lecer organiza actividades de lecer desde fai 12 anos. Cada grupo de participantes para nós é un proxecto singular con formato de campamento educativo, cun programa de actividades novedosas enmarcadas sempre no respeto ás persoas e ao entorno, sen esquecer a parte lúdico-didáctica da excursión.
* Porque as monitoras e os monitores do albergue dos Biocos están formados na nosa propia Escola de Tempo Libre Animacción, o cal nos permite asegurar unha alta calidade final das nosas actividades.
* Porque o equipo de monitoras e monitores están co grupo as 24 horas, facendo quendas de vixiancia nocturna.
* Porque o Albergue dos Biocos, está a 1.005 metros de altitude, no concello de San Xoán de Río, nas Terras de Trives, perto dunha chea de recursos naturais e de testemuñas arqueolóxicas sendo, en si mesmo, un mirador natural.
* Porque apostamos por unha educación en valores, sendo a hora do comedor un espazo común que aproveitamos para velar pola alimentación de cada un/unha dos/das participantes. O equipo de monitorado controla que todos/as os/as participantes se alimenten correctamente.